O Galaxy M32 chega a España cunha oferta de lanzamento

luns, 5 de xullo do 2021 Marcus Fernández

O smartphone Samsung Galaxy M32 chega a Europa como un teléfono cunha xenerosa pantalla Infinity-U super AMOLED cunha diagonal de 6,4 polgadas e unha velocidade de refresco de 90 Hz e, como vén sendo habitual nesta gama de móbiles, unha grande batería de 5.000 mAh con carga rápida de 25 watts.
Este atractivo dispositivo conta tamén cunha cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 64 Mpíxeles (capaz de gravar vídeo en 4K) e unha cámara frontal de 20 Mpíxeles, chegando ao noso mercado nunha configuración con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas microSD de até 1 TB). Pode identificar ao usuario mediante recoñecemento facial ou sensor de impresións dixitais.
Aínda que está previsto que este smartphone teña un prezo de 329 euro, até o 18 de xullo será posible reservalo en Amazon a un prezo promocional de 279 euros.

PUBLICIDADE