O Galaxy Note7 incorpora resistencia á auga e escáner de iris
martes, 2 de agosto do 2016
Samsung celebrou hoxe un dos seus eventos Unpacked para dar
a coñecer oficialmente ao mundo o seu novo smartphone Galaxy Note7, que
sairá á venda a partires do 19 de agosto en cor azul coral, ouro platino, prata
titanio e negro ónix, destacando polo feito de que esta nova xeración do tabletófono de referencia no mercado
adopta unha numeración pouco lóxica, xa que o anterior Galaxy Note en venderse
en España viña acompañado por un 4, e o Note 5 só chegou a venderse nuns poucos
mercados, dando a impresión de que agora temos un Note 7 para equiparar a
numeración desta familia coa dos Galaxy S.
O Galaxy Note7 será o novo terminal ao que aspirarán todos os tabletófonos do mercado, cunha impresionante
pantalla Super AMOLED de 5,7 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440
pÃxeles, coa que pode operarse co S Pen como vén a ser habitual, e que como
importantes novidades conta cun resistencia á auga e ao po (IP68) e, aparte de
contar con lector de pegadas dixitais, tamén integra identificación mediante un
escáner de iris.
A tecnoloxÃa Samsung Knox continúa a manter protexidos os contidos no teléfono,
pero esta mellora aÃnda máis grazas ás medidas de identificación biométrica,
que permiten que o usuario decida cal é o xeito de identificarse que lle
resulte máis cómodo (podendo cambiar en calquera momento entre a tecnoloxÃa de
recoñecemento de pegadas ou de iris), sendo os distintos métodos compatibles
con Samsung Pay, e estando abertos a outras aplicacións a través de Samsung
Pass.
O novo teléfono tamén adopta un deseño de pantalla curvo nos seus laterais,
atendendo á boa resposta comercial do Galaxy S7 edge, móbil co que tamén
comparte a súa avanzada tecnoloxÃa de cámaras que o sitúan en cabeza do mercado
neste aspecto. Ten asà unha cámara traseira dual
pÃxel de 12 MpÃxeles con estabilización óptica de imaxe e apertura f/1.7 e
cámara frontal de 5 MpÃxeles con apertura f/1.7.
O terminal funciona con 4 GB de RAM (LPDDR4) e 64 GB de almacenamento interno
ampliable mediante tarxetas microSD de até 256 GB e integra unha baterÃa de
3.500 mAh compatible con carga rápida sen fÃos ou a través dun porto USB-C,
sendo este último un detalle bastante importante que Samsung non ousara
incluÃlo nos seus S7.
Outros detalles técnicos incluÃdos no Note7 son o NFC, Wi-Fi AC de até 620 Mbps
(grazas a MIMO 2x2), Bluetooth 4.2, infravermellos e compatibilidade con fundas
S View e incluso cunha nova versión de Gear VR adaptada ao tamaño de pantalla
deste terminal. Polo momento chegará con Android 6.0.1, ou sexa, que non
esperarán ao mes de setembro para poder estrearse con Nougat.
- O Galaxy Note7 chegará o 19 de agosto en catro cores distintas
- O Galaxy Note7, seguindo os pasos dos Galaxy S7, incorpora resistencia á auga e ao po
VÃdeo de presentación do Samsung Galaxy Note7