O Goberno inviste 71 millóns do Plan de Recuperación en conectar Galicia á Internet ultrarrápida
mércores, 25 de xaneiro do 2023
Este
mércores
25 de xaneiro puidemos saber máis detalles do
Programa Ünico-Banda
Larga en relación con Galicia,
unha das liñas do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación
Dixital para garantir a conectividade completa da poboación en 2025
no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Trátase, segundo fixo saber en Mesía (en
Casa Grande de Xanceda) o delegado do Goberno en Galicia, José
Miñones, “dun
elemento estratéxico das políticas de reto demográfico, pois a
dotación de Internet
é un servizo básico para o desenvolvemento económico das zonas
rurais e a fixación da súa poboación”.
Este
programa artéllase
en convocatorias ás que se presentan as empresas de servizos
tecnolóxicos para executar proxectos de conectividade de altas
prestacións en zonas que non dispoñen deste servizo. Actualmente xa
están en execución os proxectos das dúas primeiras convocatorias,
que permitirán dotar de fibra de moi alta velocidade a 226.725
fogares e empresas de Galicia antes da fin de 2024 con 71,2 millóns
de euros achegados polo goberno.
A
execución destes proxectos é un exemplo de colaboración
público-privada, xa que as empresas achegan o que resta ata a
totalidade do custo destas actuacións, estimado en 107 millóns de
euros no conxunto de Galicia.
O
delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a secretaria de
Estado de Telecomunicacións, María González, visitaron este
mércores 25 as instalacións da Casa
Grande de Xanceda, en Mesía. Esta beneficiouse do programa PEBA
(anterior plan estatal) do Goberno para a conectividade, o que
posibilitou a súa dotación de Internet,
fito chave para a consolidación do negocio que permitiu a posta en
marcha das canles
de venta e difusión en web. No Concello de Mesía, o Programa
Único-Banda Larga
contempla a extensión da Internet
ultrarrápida a 759 vivendas e empresas
situadas en 285 zonas que hoxe non teñen este servizo.