O HP Slate podería saír en xuño por 400 euros

luns, 22 de marzo do 2010 Marcus Fernández

O HP Slate está a prepararse para a súa saída ao mercado, e aínda que as súas especificacións e prezo non están totalmente definidas, dende Clipset.net adiantan que este tablet venderase a uns 400 euros, de xeito que estaría a medio comiño entre os ultraportátiles de baixo custo e o iPad de Apple, aínda que haberá que agardar a xuño para que chegue ao mercado e posiblemente a setembro para velo nas tendas europeas.
Aseguran que o sistema operativo do HP Slate é o Windows 7, que reproducirá Adobe Flash, fará uso dun procesador Intel Atom e terá USB, lector de tarxetas de memoria e cámara. Polo momento dende HP non confirman (nin desmenten) a información publicada por Clipset, pero supomos que farán algún tipo de comunicado oficial durante as vindeiras semanas, de cara á chegada ás tendas do iPad.

PUBLICIDADE