O HP Vivianne Tam podería ser o ultraportátil feminino de referencia

xoves, 23 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O 2 de decembro porase á venda un portátil de HP que era todo un misterio, pois se trata dunha versión especial do HP MiniNote con procesador Intel Atom a 1,6 GHz, pantalla de 10 polgadas, 1 Gb de RAM, 80 Gb de disco duro e un deseño moi feminino e diferente creado pola casa neoiorquina de moda Vivienne Tam.
Esta aposta de HP para achegarse ao público feminino podería ter moi boa resposta, pois nos últimos anos a diversidade cromática en trebellos electrónicos demostrou ser eficaz á hora de atraer a un público que considera que a meirande parte dos produtos de electrónica de consumo son impersoais e pouco atractivos, gustando especialmente de dispositivos nunha liña máis atrevida.

PUBLICIDADE