O HTC One M9+ está a piques de chegar a Europa
xoves, 16 de xullo do 2015
O pasado mes de abril HTC presentou o terminal
HTC One M9+ para o mercado chinés, que supón unha máis que necesaria
revisión do HTC One M9, smartphone de alta gama moi criticado, xa que non
parecÃa estar á altura do seu elevado prezo, e agora toca ver se este novo
modelo consegue ter unha boa acollida, xa que está a
prepararse o seu desembarco europeo (e tamén norteamericano).
O novo terminal non só sorprendÃa cambiando o seu procesador Qualcomm
Snapdragon 810 por un MediaTek Helio de 64 bits e 8 núcleos, senón que este
potente terminal con 3 GB de RAM tamén presumÃa dunha pantalla Super LCD3 de
5,2 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles en vez da orixinal
pantalla Full HD de 5 polgadas. O terminal tamén deixaba a tecnoloxÃa
UltraPixel para a súa cámara frontal, de xeito que a cámara traseira optaba por
unha resolución de 20 MpÃxeles (capaz de gravar vÃdeo en 4K) que está apoiada
por outra cámara (que rexistra a profundidade dos elementos), integra un sensor
de pegadas dixitais, ten 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD), unha baterÃa de 2.840 mAh, un grosor de 9,61 milÃmetros e un
peso de 168 gramos. Un smartphone bastante potente e atractivo, que terá que
esforzarse para conseguir destacar no mercado nun momento no que HTC está a
recibir tan pouca atención.
- O novo smartphone de HTC mellora sensiblemente a súa pantalla, ofrecendo unha resolución Quad HD (fronte ao Full HD do anterior modelo)