O HTC One X+ chegará este mes con prestacións melloradas e Android 4.1

martes, 2 de outubro do 2012 Marcus Fernández

HTC desvelou oficialmente o seu novo terminal estrela, o HTC One X+, revisión do HTC One X que xa leva uns meses no mercado e que agora mellor a súa velocidade, capacidade e autonomía. Estamos ante un terminal cun procesador nVIDIA Tegra 3 de 4 núcleos a 1,7 GHz, 64 Gb de almacenamento interno, conectividade LTE (nunha versión un 67% máis rápida que o modelo anterior) e unha batería de 2.100 mAh, de xeito que se convertería nun dos móbiles con Android 4.1 máis potentes do mercado (e o primeiro de HTC en funcionar coa última versión de Android).
O HTC One X+ inclúe HTC Sense 4+, Beats Audio, cámara frontal de 1,6 Mpíxeles (o que supón tamén unha lixeira mellora fronte ao One X) e traseira de 8 Mpíxeles, 1 Gb de RAM e pantalla Super LCD 2 de 4,7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles. Chegará a Europa este mesmo mes, cando tamén está previsto que os HTC One S e X reciban a actualización a Android 4.1.

O HTC One X+ contará con HTC Sense 4+ e Beats Audio

PUBLICIDADE