O HTC Touch Cruise reta ó iPhone con GPS e 3G

venres, 16 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O iPhone se está a converter en todo un referente para os fabricantes de móbiles, HTC (que tamén subministra terminais a outros fabricantes de xeito que se poden ver no mercado baixo marcas coma Qtek ou mesmo de operadoras de telefonía) xa lanzara un básico HTC Touch, que se adiantaba ó iPhone en Europa, pero que agora quere superalo en prestación, polo que evoluciona no HTC Touch Cruise, que aparte dunha pantalla táctil de 2,8 polgadas tamén inclúe navegador GPS con software TomTom, cámara de 3 Mpíxeles, radio FM, conectividade 3G (HSDPA), soporte de correo electrónico push, lector de tarxetas microSD e o sistema operativo Windows Mobile 6, de xeito que supera en moitas prestacións ó móbil de Apple conservando unha atractiva interface grazas á tecnoloxía TouchFLO que permite unha navegación cos dedos sobre a pantalla deste móbil.
Podemos ver un adianto do seu funcionamento no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE