O Honor 10 chega como a alternativa económica ao Huawei P20
martes, 15 de maio do 2018
Esta mañá presentouse en Londres o smartphone Honor 10, que
poderÃa considerarse como unha versión económica do Huawei
P20, xa que o seu prezo queda en 399 euros para o modelo con 4 GB de RAM e
64 GB de almacenamento e 449 euros con 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento
(mentres que o equivalente a este último baixo a marca Huawei custarÃa 200 euros
máis). Este teléfono saÃu á venda hoxe mesmo, incluÃndo a España entre os seus
paÃses de lanzamento.
O Honor 10 conta cunha pantalla infinita de 5,84 polgadas (en formato 19:9), a
súa cámara traseira dual de 24 e 16 MpÃxeles con apertura f/1.8 asegura
empregar intelixencia artificial para uns mellores resultados (para o que conta
cunha unidade de intelixencia artificial NPU independente), a súa cámara
frontal de 24 MpÃxeles tamén tira proveito da intelixencia artificial para
conseguir vos selfies (incluÃndo
tamén os modos de iluminación en retratos dos que presumÃa o iPhone X), permite
o desbloqueo de pantalla mediante recoñecemento facial, integra un lector de
pegadas dixitais agochado tras a parte inferior da pantalla que ao empregar
ultrasóns incluso facilita o desbloqueo coas mans molladas, a súa baterÃa de
3,400 mAh conta con carga ultrarápida (cárgase pola metade en só 25 minutos) e
conta tamén con NFC.
Está equipado cun procesador Kirin 970 e como sistema operativo ten Android 8.1
coa capa de personalización EMUI 8.1. O seu grosor é de 7,7 milÃmetros, pesa
153 gramos e véndese con carcasas de cor azul, gris negro ou verde. Cómpre
destacar que no seu deseño optaron por que a cámara frontal estivese integrada
nunha pestana superior, na liña do iPhone X, móbil co que este terminal parece querer
compararse.
- A carcasa do Honor 10 presenta cores vivas dende todos os ángulos grazas ao que chaman Aurora Glass