O Huawei Honor 3 é resistente ao po e á auga

venres, 30 de agosto do 2013 Marcus Fernández

O fabricante de móbiles chinés Huawei continúa a lanzar ao mercado móbiles cada vez máis atractivo, e o que está a destacar estes días é o novo Huawei Honor 3, que vén de saír á venda por 1.888 iuans (233,59 euros) e resulta moi prometedor pois, aparte de vir equipado cunha pantalla IPS de alta definición (720p) de 4,7 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, cámaras de 13 e 1 Míxeles, 2 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de ata 32 Gb) e Android 4.2, completa a ecuación engadindo resistencia IP57 para a auga e o po, converténdoo non smartphone moi atractivo.
O Huawei Honor 3 ten unha pantalla táctil de alta sensibilidade que é capaz de funcionar incluso coas mans molladas, inclúe un emisor de infravermellos para que poidamos empregalo como mando a distancia universal, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, a súa batería é de 2.150 mAh, o seu grosor de só 9,9 milímetros e o seu peso de 138 gramos. Sen dúbida, un dispositivo a ter en conta se atendemos ás súas completas especificacións e ao seu prezo axustado.

O novo móbil de Huawei é resistente á auga

PUBLICIDADE