O Huawei Mate 50 Pro destaca unicamente polas súas cámaras
xoves, 10 de novembro do 2022
Huawei,
pese a non poder vender móbiles cos servizos de Google preinstalados nin con
conectividade 5G, segue atrevéndose a sacar móbiles de alta gama, como o novo Huawei Mate 50 Pro,
que pese ás súas xigantescas carencias chega ao mercado español a un prezo de
1.199 euros.
Estamos ante un móbil cun grande deseño, pantalla OLED cunhas xenerosas 6,74
polgadas, o procesador sen 5G máis potente do mercado, 8 GB de RAM, 256 GB de
almacenamento interno, resistencia IP68, NFC, baterÃa xenerosa (4.700 mAh) con
carga rápida de 66 watts e unhas cámaras de infarto, pero cun sistema operativo
e unha conectividade móbil que fan moi difÃcil que poida atopar comprador en
Europa.
Probablemente o único argumento válido para a adquisición deste móbil serÃan as
súas cámaras, xa que conta cunha cámara traseira tripla cun sensor principal de
50 MpÃxeles con estabilización óptica e apertura F1.4-4.0, ultra grande angular
de 13 MpÃxeles e teleobxectivo (10x) de 64 MpÃxeles con estabilización óptica,
mentres que a súa cámara frontal é de 13 MpÃxeles con detección de profundidade
en 3D. A apertura variable da cámara principal, bautizada como XMAGE Ultra
Aperture, permite xogar coa profundidade de campo dun xeito sen precedentes
para un smartphone; e grazas ao motor de imaxe XD Fusion Pro tamén consegue bos
niveis de brillo e contraste; tamén conta cun Modo Super Noite que permite
explorar a escuridade e capturar detalles que fan xustiza a calquera paisaxe
iluminada por neón; e tamén presume de retratos de grande calidade (con moito
coidado polo desenfoque de fondo).