O Huawei P8 Lite (2017) xa ten sucesor
martes, 16 de xaneiro do 2018
Durante
2016 os
smartphones máis vendidos en España foron os Huawei P9 Lite e P8 Lite, o
que levou a que en 2017 o Huawei P8 Lite renovase as súas especificacións para
converterse no grande referente do mercado para usuarios que buscan terminais cunha
boa relación calidade-prezo, e agora chega o sucesor do Huawei P8 Lite (2017),
cun pequeno cambio de nome: o Huawei P Smart.
Este novo smartphone procurará manterse como un smartphone de gama media que
presenta unha aparencia semellante á dos seus competidores de alta gama
actuais, e precisamente por iso adopta unha pantalla cunha relación 18:9 e dobre
cámara traseira, de xeito que ten moitas bazas para recuperar a súa posición
comercial.
O Huawei P Smart conta cunha pantalla de 5,65 polgadas que, ao só medrar ao
alto, permite que o teléfono manteña un agarre cómodo como os seus
predecesores; a súa cámara traseira de 13 MpÃxeles está completada cunha cámara
secundaria de 2 MpÃxeles que axuda á realización de efectos como o desenfoque
de fondo que resulta tan popular actualmente; a súa cámara frontal de 8
MpÃxeles integra efectos de mellora de imaxe; para facer selfies tamén inclúe detección de xestos para poder disparar a
cámara con só saudar ao móbil coa man; e no aspecto sonoro inclúe dobre
Bluetooth para permitir que, por exemplo, o usuario poda conectar o móbil ao
sistema de audio do seu automóbil á vez que ten emparellado un auricular sen
fÃos par atender as chamadas.
Entre as súas especificacións podemos comentar que conta cun procesador Kirin
659 de 8 núcleos, 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable até
256 GB mediante tarxetas microSD), lector de pegadas dixitais traseiro, baterÃa
de 3.000 mAh e sistema operativo Android 8.0 coa capa de personalización EMUI. O
seu prezo de lanzamento será de 259 euros, pero espérase que en poucos
meses baixe dos 200 euros como aconteceu cos modelos anteriores, descoñecéndose
polo momento se en España teremos oficialmente a súa versión con 4 GB de RAM e
64 GB de almacenamento interno.