O Huawei Watch D pode medir a tensión
venres, 24 de decembro do 2021
AÃnda que Huawei perdeu grande relevancia no noso mercado
por mor das sancións que lle impiden integrar nos seus móbiles os servizos de
Google, estes dÃas poñen á venda en China un produto que posiblemente chegue ao
noso mercado e que resulta bastante atractivo: o Huawei Watch D.
Este reloxo conectado que en China venderase a 2.988 iuans (415 euros) ten unha
pantalla AMOLED táctil de 1,64 polgadas e formato rectangular, conectividade
Bluetooth 5.1, NFC, GPS, baterÃa cunha autonomÃa normal de até 7 dÃas,
resistencia IP68 e unha clara vocación de monitor da nosa saúde, xa que integra
sensor de medición de ritmo cardÃaco, permite realizar electrocardiogramas,
pode medir o nivel de osÃxeno en sangue e incluso é capaz de tomar a tensión
arterial grazas a unha correa especial que utilizar aire a presión.
Estamos asà ante un smartwatch que, aÃnda que poida resultar práctico para
recibir notificacións do móbil ou rexistrar a nosa actividade fÃsica durante a
práctica deportiva, é máis interesante como unha ferramenta para facer un
seguimento da nosa saúde. É compatible con Android e HarmonyOS de xeito
completo, e tamén pode empregarse con iOS (aÃnda que con funcións máis
limitadas).