O Kindle básico mellora a súa pantalla e amplÃa o seu almacenamento
martes, 13 de setembro do 2022
Amazon está a renovar o seu lector de libros electrónicos, o
Kindle, que no seu novo modelo
básico pasará a contar cunha pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 300
puntos por polgada e cunha capacidade de almacenamento de 16 GB, asà como un
conector de carga USB-C, o que supón un grande salto de calidade que por
desgraza terá un impacto directo no seu prezo, que pasará de 89,99 euros a
109,99 euros.
O novo Kindle conta con luz frontal regulable (de 4 LED) e modo noite para
facilitar a lectura de noite e de dÃa; a súa baterÃa promete unha autonomÃa de
até 6 semanas; Wi-Fi de 2,4 GHz e 5 GHz; o seu peso é de 158 gramos; e como
cambio visible tamén temos que, aparte de poder adquirirse en cor negra, haberá
un modelo en cor azul vaqueiro.
Está previsto que o novo lector de libros electrónicos chegue ao mercado en
outubro, e podemos entender que o seu lanzamento supón subir o listón desta
gama de produtos, xa que o Kindle básico colocarÃase á altura do Kindle Paperwhite
en resolución de pantalla, aÃnda que este último continuarÃa a ser un produto
máis recomendable, xa que, mantendo as mesmas dimensións ofrece unha pantalla
máis grande (6,8 polgadas), mellor iluminación (17 LED con luz cálida axustable)
e resistencia á agua.