O LG G Flex déixase ver nun programa de televisión arxentino
mércores, 23 de outubro do 2013
Cando hai uns dÃas Samsung presentou o seu novo GALAXY Round
deixou claro que a súa forma curvada buscaba conseguir un agarre cómodo pese a
estarmos ante unha pantalla de grande tamaño, pero agora temos que LG prepara
unha proposta que vai nunha dirección diferente, pois opta por curvar o seu LG G
Flex pensando na súa visualización en panorámico, acadando certo efecto
envolvente como tamén están a facer os grandes televisores curvos da compañÃa
surcoreana, polo que puidemos
ver en primicia nun programa televisivo arxentino.
Resulta curioso que sexa un medio arxentino o primeiro en amosar o produto real
e non unha versión renderizada do mesmo, e sorprende que a compañÃa surcoreana
cedese un prototipo do seu novo terminal curvo ao xornalista Federico Ini sen
facerlle asinar un acordo de non divulgación, o que permitiu que tanto amosase
o dispositivo en pantalla como publicase algunhas imaxes en Twitter
nas que podemos ver claramente a curvatura do novo smartphone que é de
agardar que presenten en breve (especialmente despois de semellante
filtración).
O LG G Flex presentará unha pantalla OLED de 6 polgadas e cámara de 13
MpÃxeles, agardándose que saia á venda en Corea do Sur no mes de novembro.
- O novo smartphone puido verse en primicia en Telefe Noticias