O LG G2 mini poderase ver a semana que vén en Barcelona

mércores, 19 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

A diferenza de tamaño entre o LG G2 e a súa versión mini é notable

Espérase que a semana que vén, no marco do Mobile World Congress de Barcelona, LG presente en sociedade o seu novo LG G2 mini, versión do seu móbil insignia que pasaría dunha pantalla de 5,2 polgadas a unha máis moderada de 4,7 polgadas (que segue a ser bastante grande para un terminal apelidado mini) nunha xogada que pode lembrarnos ao que Sony fixo anunciando o XPERIA Z1 compact (que reducir o tamaño sen perder prestacións).
O LG G2 mini, por desgraza, experimenta importantes perdas na súa redución de tamaño, quedando cunha resolución de pantalla pouco digna (960 x 540 píxeles) e reducindo o seu procesador dun Qualcomm Snapdragon 800 a un Snapdragon 400 ou un nVIDIA Tegra 4i, detalles que deberían contribuír considerablemente a reducir o prezo do smartphone (que podería quedar no rango dos 300-400 euros).
O novo teléfono terá versións con dobre SIM, gozara de 1 Gb de RAM, cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles, poderá ampliar os seus 8 Gb de almacenamento interno mediante tarxetas microSD e a súa batería será de 2.440 mAh, e claramente irá dirixido a mercados nos que o prezo sexa máis importante á hora de elixir terminal.

O LG G2 miin poderá verse a vindeira semana no Mobile World Congress de Barcelona

PUBLICIDADE