O LG LEX8 estreará tecnoloxía NANO LED de só 88 milímetros

luns, 30 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Os vindeiros días LG amosará na feira IFA de Berlín unha nova xeración de paneis planos que supoñen unha evolución da tecnoloxía LED que dan en chamar NANO por reducir aínda máis o grosor dos televisores LED ata uns 0,88 centímetros, coma poderá verse no televisor LG LEX8, que conta cun refresco de 400 Hz, é compatible con contidos 3D e tamén ten a súa pantalla recuberta cunha capa anti-reflectinte que mellora a visualización incluso á luz do sol.
O televisor LG LEX8 consegue unhas cores máis naturais, un maior contraste e un maior rango de cores grazas á manipulación de bloques individuais de LED. Tamén integra 2 altofalantes invisibles de 7 W cada un, tecnoloxía Clear Voice II, mando a distancia Magic Motion e USB 2.0 (porto no que cargar contidos multimedia coma fotografías, música e incluso vídeo DivX HD).

PUBLICIDADE