O LG Lucid 3 achega unha experiencia Android moi completa a un prezo axustado
luns, 21 de abril do 2014
Que o
LG G2 fose un dos smartphones mellor valorados de 2013 non fai que o seu
fabricante abandonase a gama media, e agora temos que para chegar ao grande
público está a vender nos EE.UU. un terminal cun prezo bastante asumible, o LG
Lucid 3, que pode conseguirse de
balde cun compromiso de permanencia de 2 anos con Verizon ou libre por
299,99 dólares (217,34 euros).
O LG Lucid 3 é un smartphone con conectividade LTE (4G) e Android 4.4.2, cunhas
prestacións máis que suficiente para un usuario medio, como son unha pantalla
de 4,7 polgadas cunha resolución de 960 x 540 pÃxeles con Corning Gorilla Glass
3, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento
interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb), cámaras de 5 e 0,3
MpÃxeles, gravación de vÃdeo Full HD, Bluetooth 4.0 e baterÃa de 2.440 mAh (que
darÃa para 15 dÃas en espera ou ata 12,5 horas de uso).
AÃnda que estamos ante un smartphone que non pertence á alta gama, si conta con
funcións avanzadas como a posibilidade de desbloquear o dispositivo facendo un
dobre toque co dedo sobre a súa pantalla (ou cun patrón de ata 8 toques a
definir), a opción de que as alarmas programadas lancen tamén unha aplicación
(para, por exemplo, espertar consultando o correo electrónico, a axenda ou a
predición meteorolóxica) e incluso a posibilidade de amosar un par de aplicacións
á vez en pantalla (de xeito que podemos ver un vÃdeo mentres tomamos unha
anotación).
VÃdeo de presentación do LG Lucid 3