O LG Mini chega a Europa este mes

mércores, 7 de abril do 2010 Marcus Fernández

LG vai estrear o seu navegador web Phantom, compatible con HTML5, no seu terminal LG Mini (tamén coñecido coma GD880) que chegará ao mercado europeo este mesmo mes, e que conta cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas, mantendo certa aparencia compacta.
O LG Mini conta cunha cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático, radio FM, Wi-Fi, a-GPS, conectividade HSDPA a 7,2 Mbps, aínda que coma xa comentamos, a súa principal prestación é o seu navegador web, baseado en WebKit, e que goza de soporte de HTML5 e Flash. Tamén permite abrir ata 10 fiestras do navegador de xeito simultáneo, e soporta servizos web coma Gmail, Google Maps, Google Buzz ou Google Calendar coas mesmas funcionalidades que un ordenador persoal.
Este móbil tampouco esquece as redes sociais (Facebook e Twitter) e incluso goza de LG Air Sync, un sistema de sincronización co ordenador a través de conectividade sen fíos. Tamén inclúe aplicacións preinstaladas de distintos servizos de novas que poden ampliarse a través da oferta da LG Widget Gallery.

PUBLICIDADE