O LG Mini permite a sincronización sen fíos entre o móbil e o PC

mércores, 17 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

LG presentou en Barcelona o seu móbil LG Mini (ou GD880), que soporta a sincronización sen fíos LG Air Sync, que conta con 3 funcións de sincronización distintas: History Sync (actualiza o teléfono coas 100 últimas páxinas web visitadas dende o PC), PIM Sync (sincroniza os datos de contactos e axenda) e R-Click (para a transferencia de imaxes e información do PC ao móbil.
O LG Mini conta cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas, cámara de 5 Mpíxeles, Wi-Fi, a-GPS, radio FM, conectividade HDSPA a 7,2 Mbps e funcións para as plataformas de redes sociais Facebook e Twitter.

PUBLICIDADE