O LG Optimus G Pro medra ata as 5,5 polgadas

mércores, 13 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

LG lanzará en Corea do Sur a finais de mes unha nova versión do LG Optimus G Pro que en vez de chegar cunha pantalla de 5 polgadas, opta por un tamaño de 5,5 polgadas, o que permitiríalle competir no segmento do tabletófonos dun xeito máis agresivo, conservando unha resolución de pantalla Full HD, os seus xenerosos 2 Gb de RAM e un potente procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro a 1,7 GHz, polo que sería un auténtico terminal tope de gama do que é de agardar unha comercialización internacional máis adiante.
O novo smarphone de grandes dimensións venderase en branco e negro (cunha textura na súa parte traseira que lembra ao Nexus 4) e do que é de agardar que saibamos máis nos vindeiros días co gallo do Mobile World Congress de Barcelona.

PUBLICIDADE