O LG Optimus G anúnciase como o novo smartphone de alta gama ao que aspirar
martes, 28 de agosto do 2012
O novo teléfono de referencia de LG xa é oficial, e a primeira compañÃa en
comercializar o LG Optimus G será NTT DoCoMo, de xeito que os xaponeses
contarán cunha versión deste terminal antes de que en setembro chegue a Corea
do Sur e, posteriormente, ao resto do mundo. Estamos ante un impresionante
terminal móbil cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro de 4 núcleos a 1,5
GHz, gráfica Adreno 320, conectividade LTE (4G), Android 4.0, pantalla IPS+ de
4,7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 768 pÃxeles, 2 Gb de RAM, 32 Gb de
almacenamento interno, cámaras de 13 e 1,3 MpÃxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi, USB
2.0, A-GPS, MHL, DNA, NFC, baterÃa de 2.100 mAh, un peso de 145 gramos e un
grosor de só 8,45 milÃmetros, ou sexa, un smartphone
que superarÃa aos seus competidores en case todos os aspectos, que destaca
especialmente por ser o primeiro en chegar ao mercado co novo procesador de 4
núcleos de Qualcomm, que busca competir co emerxente nVIDIA Tegra 3, ofrecendo
tamén unha combinación de grande potencia de cálculo con aforro de enerxÃa.
Entre as caracterÃsticas máis curiosas que ten o LG
Optimus G é que, de conectalo a un televisor, permite tanto facer mirroring (amosar a mesma imaxe no móbil
e no televisor) como utilizar a pantalla externa como monitor secundario (o
que, por exemplo, permitirÃa amosar unha presentación nun televisor mentres que
no móbil poden lerse anotacións sobre a mesma).