O LG Optimus Sol chegará con pantalla Ultra AMOLED

luns, 22 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Cun deseño bastante sinxelo e un grosor de só 9,8 milímetros desvelan o que será o novo móbil LG Optimus Sol, que será un terminal con Android 2.3, pantalla Ultra AMOLED de 3,8 polgadas (precisamente o seu nome viría da claridade da súa pantalla, que facilitaría a visualización baixo a luz do sol), procesador a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 2 Gb de almacenamento ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, cámaras VGA e de 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, USB 2.0, A-GPS, radio FM, e batería de 1.500 mAh.
Nun principio estariamos no que prometen que sería o móbil Android a 1 GHz con pantalla AMOLED máis accesible en prezo do mercado e poríase á venda en Europa a mediados de setembro en 3 cores (negro, titán e branco).


O LG Optimus Sol compórtase bastante ben en condicións de alta luminosidade (exteriores)

O novo móbil de LG busca converterse nun bo terminal de gama media para os usuarios que busquen unha pantalla de alta luminosidade

PUBLICIDADE