O LG SMART TV facilita o consumo doméstico de contidos na Internet

mércores, 1 de setembro do 2010 Marcus Fernández

LG Electronics aproveitou a súa presenza no IFA de Berlín para presentar os seus novos televisores SMART TV, que incorporan conectividade á Rede, aplicacións en pantalla (que facilitan o acceso a multitude de contidos na Internet) e incluso un revolucionario mando a distancia chamado Magic Motion Remote Control que garda certas semellanzas co mando da Wii, xa que permite navegar polos contidos no televisor apuntando o mando cara a eles e premendo un único botón.
Estes novos televisores tamén facilitan o consumo de contidos dixitais mediante Media Link, facilitando o acceso a vídeos e imaxes do usuario, así coma o acceso aos contidos televisivos dende dispositivos conectados coma teléfonos intelixentes, reprodutores multimedia portátiles ou o iPad.
Actualmente LG está a negociar con distintos provedores a posibilidade de levar contidos premium aos seus novos televisores SMART TV, que vermos no mercado a comezos do ano que vén.

PUBLICIDADE