O LG V20 será o primeiro smartphone en venderse con Android 7.0

luns, 1 de agosto do 2016 Marcus Fernández

O LG V10 foi un smartphone moi rechamante, por abrir unha segunda liña de teléfonos de referencia por parte de LG, adoptar un deseño bastante peculiar e introducir unha pequena pantalla para notificacións na súa parte frontal, e parece que este produto vai converterse en serie, e non chega con que se rumoree que terá un sucesor chamado LG V20, senón que LG anunciou que este terminal será o primeiro dispositivos e saír da caixa con Android 7.0 Nougat, chegando ás tendas no terceiro trimestre do ano (ou sexa, que cumpriríanse os rumores que apuntaban a que sairía á venda o mes que vén).
O LG V20 tamén será un smartphone orientado a unha experiencia multimedia rica e premium, que tirará proveito o mellor de Nougat, o que supón uns gráficos máis inmersivos nos xogos, unha mellor autonomía ou a posibilidade de responder a mensaxes directamente dende a súa notificación.
A colaboración entre LG e Google é historicamente moi estreita e, de feito, LG fabricou varios terminais da familia Nexus, sorprendendo que agora prepare un dispositivo que parece situado dentro desta liña, pero con detalles premium que o levan a venderse baixo a marca LG.

O LG V10 destacou polo seu deseño elegante e acabado premium, características que repetirá o seu sucesor

PUBLICIDADE