O LG V40 ThinQ terá 5 cámaras
xoves, 27 de setembro do 2018
Está previsto que no mes de outubro LG poña á venda en Corea
do Sur o seu novo LG V40 ThinQ,
e anticipándose ao seu lanzamento publicaron un vÃdeo no que deixan ver un dos
seus elementos principais: contará con cámara
traseira tripla. Pero a cousa non rematará aÃ, senón que tamén gozará de
cámara frontal dual, de xeito que teremos un teléfono cun total de cinco
cámaras, coas que pretende despuntar no apartado fotográfico, seguindo os pasos
de terminais como o Huawei P20 Pro, que grazas ao uso de obxectivos adicionais
conseguiu un nivel de excelencia sen rival.
O LG V40 contará cunha pantalla de 6,4 polgadas, venderase en tres cores (gris
platino, vermello carmÃn e azul marroquÃ) e terá as mesmas dimensións que o LG
V30 (ou sexa, que fará un maior aproveitamento do espazo). Probablemente estará
equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 845 e 6 GB de RAM, aÃnda que os
detalles deste móbil non se confirmarán até a súa presentación oficial o 3 de
outubro.
VÃdeo de adianto do LG V40 ThinQ