O LG Watch Urbane contará cunha versión 4G
xoves, 26 de febreiro do 2015
A
poucos dÃas de presentar
o novo smartwatch de LG, e a portas do Mobile World Congress de Barcelona,
a compañÃa surcoreana estrea unha segunda versión do LG
Watch Urbane, que contará cun deseño un chisco diferente, conectividade LTE
e un sistema operativo que non será nin Android Wear nin webOS, o que dá a
entender que LG preferiu desenvolver a súa propia solución de software para
reloxos en vista da situación actual do mercado.
O novo smartwatch non precisará de
smartphone para conectarse á rede, pero incluso integrará VoLTE, ou sexa, que
permitirÃa realizar chamadas sen un teléfono e incluso contarÃa cunha
funcionalidade de marcado rápido (de emerxencia) para poder lanzar unha chamada
con só premer un botón.
O LG Watch Urbane LTE terá unha baterÃa de 700 mAh (en contraste coa de 410 mAh
do LG G Watch R), conta con NFC e incluso integra funcións de moedeiro
electrónico. Non lle faltan xiroscopio, sensor de presión atmosférica,
pulsÃmetro e GPS, e incluso pode analizar o swing
cando se practica golf.
- O LG Watch Urbane LTE goza dun deseño elegante que case o confunde cun reloxo de pulso tradicional