O LG Watch W7 combina reloxo mecánico con smartwatch
xoves, 4 de outubro do 2018
Acompañando á presentación
do LG V40 ThinQ o fabricante surcoreano sorprendeu amosando
tamén un novo smartwatch, o LG
Watch W7, que destacarÃa por ser un dispositivo hÃbrido, xa que estariamos
ante un reloxo de pulso con Wear OS para as súas funcións dixitais que
conservarÃa as agullas dun reloxo mecánico, buscando asà callar entre o público
que continúa a apreciar a aparencia dos reloxos de pulso tradicionais.
O LG Watch W7 serÃa asà un reloxo de pulso cunha caixa de aceiro inoxidable,
que agocha un smartwatch no seu interior cunha autonomÃa de até dous dÃas, pero
que ao desactivar as funcionalidades smart
continuarÃa a funcionar até máis de 3 meses.
Aparte de poder amosar a hora, o reloxo tamén conta con altÃmetro, barómetro,
cronómetro e compás; tira proveito das posibilidades de Wear OS (con múltiples
esferas e complicacións) e tamén cómpre destacar que é compatible con correas
estándar de 22 milÃmetros.
Este reloxo resistente ao po e á auga (IP68) integra un procesador Qualcomm
Snapdragon Wear 2100, pantalla de 1,2 polgadas cunha resolución de 360 x 360
pÃxeles, 768 MB de LPDDR3, 4 GB de eMMC, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, USB-C e
baterÃa de 240 mAh.
- O LG Watch W7 busca ser o smartwatch dos que gustan dos reloxos tradicionais