O LaCinema Classic HD chega aos 2 Tb de capacidade

mércores, 25 de novembro do 2009 Marcus Fernández

LaCie continúa a mellorar as posibilidades dos seus discos duros multimedia, e co seu LaCinema Classic HD deseñado pro Neil Pulton ofrecen non só a reprodución de vídeo a 1.080p dende diversidade de formatos (incluíndo DivX e MKV H.264), funcionalidade de servidor de medios DLNA (podendo así entregar os contidos multimedia a dispositivos como a Xbox 360 ou a PlayStation 3) e opción Wi-Fi, senón que agora tamén chega ata os 2 Tb de capacidade, sendo tamén posible ampliar esta capacidade a través de USB (podendo interpretar unidades formatadas en FAT32, NTFS e HFS+).
O equipo conta con saídas de vídeo composto e HDMI, e o seu prezo de venda para o seu modelo de 1 Tb é de 249,99 dólares nos EE.UU. (o prezo español aínda está por anunciarse).

PUBLICIDADE