O Lenovo Pocket Yoga só é un deseño conceptual

luns, 16 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Nos últimos días cobraron moita importancia na Rede unhas imaxes dun ultraportátil de Lenovo que amosaría unha aparencia moi semellante ao Sony Vaio P, pero que tamén funcionaría coma un Tablet PC, o que parecería unha interesante achega ao mercado. Finalmente sabemos que este ordenador chamaríase Pocket Yoga, pero os que gustasen do seu deseño ou do seu concepto hai que advertir que trátase dun deseño conceptual que xa ten 2 anos e do que non hai plans de fabricación.
Este orixinal dispositivo podería estar a amosarse na Internet para comprobar cal sería a súa aceptación comercial, e o certo é que o interese captado foi impresionante, polo que non sería sorprendente que no futuro Lenovo lance algún ordenador nun formato semellante.

O Pocket Yoga tamén funcionaría coma Tablet PC

PUBLICIDADE