O Logitech Cooling Pad N100 permite utilizar o portátil no regazo

venres, 20 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Logitech presentou esta semana un elevador para utilizar comodamente o portátil no escritorio e un soporte para facilitar o uso do equipo sobre as pernas, e este último, o Logitech Cooling Pad N100 pode resultar moi interesante para moitos usuarios, non só fai máis confortable o uso do portátil, senón que tamén axuda a mantelo a unha boa temperatura, ao incorporar un ventilador alimentado por USB.
Este soporte sae á venda o vindeiro mes a uns 30 euros, protexe do calor tanto o portátil como as pernas do usuario (pois os portátiles actuais non son aptos para a súa utilización no regazo, por mor das altas temperaturas que acadan), á vez que se presenta cun deseño atractivo (en forma e cores), construción resistente e baixo consumo (para non esgotar rapidamente a batería do portátil ao que se conecte).

PUBLICIDADE