O MSI X340 incrementa a súa autonomía e reduce o seu prezo

mércores, 19 de agosto do 2009 Marcus Fernández

MSI quixo facer fronte ao MacBook Air de Apple con seu X-Slim 320, e o seu sucesor, o MSI X340, estaría a actualizar as súas prestacións, reducindo o seu prezo e incrementando a capacidade da súa autonomía. O equipo funciona cun procesador Intel Core 2 Solo SU3500 CULV, 2 Gb de RAM, 320 Gb de disco duro e unha batería de 8 celas, de xeito que podería funcionar desconectado da corrente ata un máximo de 8 horas e 48 minutos.
O MSI X340 con batería de 4 celas estaba á venda por 899 dólares (631,77 euros), pero a versión actualizada custa 799 dólares (561,50 euros), e aínda que incremente lixeiramente o seu grosor e o seu peso coa nova batería incluída, a mellora de prezo e autonomía compensan claramente estes aspectos nun equipo que continúa a contar cun deseño atractivo, alta portabilidade e unha pantalla dun tamaño moi equilibrado (13,4 polgadas, cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles).

PUBLICIDADE