O Mi 11 estreará o Snapdragon 888
luns, 28 de decembro do 2020
Hai preto dun mes adiantaron que o
Mi 11 de Xiaomi serÃa o primeiro smartphone do mercado en contar co procesador
Qualcomm Snapdragon 888, situándose á cabeza dos móbiles con Android, e
finalmente o
produto faise oficial, de xeito que o Mi
11 é xa unha realidade no mercado chinés a un prezo que parte dos
3.999 iuans (500 euros) para unha configuración con 8 GB de RAM (LPDDR5) e
128 GB de almacenamento (UFS 3.1). Pagando 4.299 iuans (538 euros) podemos
levan o almacenamento interno até os 256 GB e por 4.699 iuans (588 euros)
incrementariamos tamén a RAM até 12 GB, polo que temos un rango de prezos moi
interesante para un dos móbiles insignia que marcarán o camiño a seguir en
2021.
O Mi 11 non só pode presumir dun procesador sen competencia no mercado de
Android, pois tamén conta cunha impresionante pantalla AMOLED de 6,81 polgadas
con resolución WQHD+ (3.200 x 1.440 pÃxeles) e velocidade de refresco de 120 Hz
(pantalla cunha puntuación A+ por parte de DisplayMate), unha impresionante
cámara traseira tripa (cun sensor principal de 108 MpÃxeles), unha cámara
frontal de 20 MpÃxeles, conectividade 5G, WiFi 6, NFC, emisor de infravermellos
e Bluetooth 5.2, lector de impresións dixitais en pantalla con monitorización
de ritmo cardÃaco e baterÃa de 4.600 mAh con carga con fÃos de 55 watts, carga
sen fÃos de 50 watts e carga sen fÃos de 10 watts, e baterÃa de 4.600 mAh con
carga por USB-C.
Pese a que estamos ante un móbil con carga rápida por USB-C, dende Xiaomi
consideraron que era un bo momento para seguir certa senda marcada por Apple e
este novo smartphone na súa versión ordinaria chegará ás tendas chinesas sen o seu tradicional cargador de parede,
para o que tamén utilizaron a protección do medio ambiente como argumento, aÃnda que aseguran que tamén porán a disposición do público lotes que incluirán sen custo adicional un cargador de 55 watts, no que semella un parche para paliar as crÃticas recibidas ao darse a coñecer que o Mi 11 non incluirÃa cargador (xa que Xiaomi foi unha das marcas que fixo burla de Apple ao retirar o cargador dos últimos iPhone).
O Mi 11 comezará a chegar a mans dos compradores chineses o 1 de xaneiro, e
confÃase en que en poucas semanas chegue tamén ao resto do mundo como un dos
primeiros móbiles de referencia de 2021.
- O novo smartphone chega ao mercado en distintas cores e con distintos acabados