O Mi 9 Lite terá pantalla AMOLED e NFC
luns, 16 de setembro do 2019
O vindeiro venres chega ao mercado español un novo
smartphone de Xiaomi moi atractivo, polo seu grande equilibrio entre
prestacións e prezo axustado, o Mi 9
Lite, que leva por bandeira unha cámara traseira tripla de 48 MpÃxeles e
unha cámara frontal de 32 MpÃxeles agochada nunha pequena pestana superior a
súa pantalla AMOLED Full HD+ de 6,39 polgadas, asà como lector de pegadas
dixitais en pantalla, procesador Qualcomm Snapdragon 710, baterÃa de 4.030 mAh
con carga rápida a 18 watts e incluso NFC multifunción (para poder realizar
pagamentos co móbil), que venderase
a 319 euros con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento e a 349 euros con 128
GB de almacenamento.
Este smartphone pode presumir dunha autonomÃa próxima aos 2 dÃas de uso normal,
cámara traseira que tira proveito da intelixencia artificial para conseguir
instantáneas de calidade, boas fotografÃas nocturnas a man alzada, selfies
de alta definición con detalles vÃvidos, filtros de ceo preinstalados no álbum
de fotos, infravermellos para poder empregar o móbil como mando a distancia do
televisor e toma de auriculares. Un móbil moi completo, que sen chegar a ser de
gama alta, ofrece unhas prestacións moi semellantes.
- O Mi 9 Lite incluirá NFC compatible con Google Pay