O Moto G Turbo Edition terá pantalla Full HD e procesador Snapdragon 615

venres, 6 de novembro do 2015 Marcus Fernández

A semana que vén sairá á venda en México unha revisión do Moto G que píllanos bastante por sorpresa, xa que leva a un dos smartphones máis recomendados e con mellor sona a un seguinte nivel que o achega a gamas superiores, xa que o Moto G Turbo Edition ao incrementar a súa resolución de pantalla até Full HD e incorporar un procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 8 núcleos, así como contar con 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna (ampliable mediante tarxetas microSD) case podería igualarse co seu irmán maior, o Moto X Play.
Lembremos que os Moto G actuais funciona con procesadores Snapdragon 410, 1/2 GB de RAM e pantallas de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, polo que as novas especificacións son un paso adiante, que convertería o Moto G Turbo Edition nun Moto X Play con pantalla de 5 polgadas (en vez das 5,5 polgadas do terminal presentado no mes de xullo).
O Moto G Turbo Edition tamén conta con conectividade 4G, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, batería con carga rápida, dobre SIM e resistencia ao po e á auga. Estará dispoñible en numerosas cores, a súa autonomía promete ser tan boa como de costume (máis que suficiente para un día intensivo de uso) e contando co atractivo de funcionar cunha versión pura de Android. Sen dúbida, un novo smartphone que moitos usuarios aos que os tabletófonos non resultan cómodos terán no punto de mira.

PUBLICIDADE