O Moto X ve a luz presumindo do seu nivel de personalización

xoves, 1 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Tras moitos meses de ruxerruxe, chegou o día no que Motorola tiña que desvelar o seu primeiro smartphone desenvolvido completamente dende que Google adquiriu a empresa, o Moto X, que aínda que preséntase cunhas prestacións que poderiamos considerar estándar, conseguiu destacar por un nivel de personalización sen precedentes, xa que o terminal poderá deseñarse á carta elixindo as cores dos seus elementos, gravándolle texto, definindo o seu fondo de escritorio, o seu texto de benvida e a súa capacidade de almacenamento no momento de encargalo vía web, ofrecendo un total de 2.000 variantes no dispositivo, o que parece un bo incentivo para adquirilo vía web.
Estamos ante un smartphone que estrearase nos EE.UU. co operador AT&T, a un prezo de 199,99 dólares para o modelo de 16 Gb e de 249,99 dólares para o de 32 Gb (ambos modelos cun compromiso de permanencia de 2 anos), que poderanse personalizar tanto dende as tendas como na páxina web da compañía (recibindo o móbil o usuario sen custo adicional nun máximo de 4 días), aínda que o modelo de 16 Gb tamén estará dispoñible en negro e branco no seu modelo de 16 Gb (para facilitar a súa compra en tenda).
Co Moto X temos un smartphone 4G con Android 4.2.2, con 2 Gb de RAM, pantalla AMOLED de 4,7 polgadas cunha resolución de 720 x 1.280, Wi-Fi AC de dobre banda, Bluetooth 4.0, cámara frontal de 10 Mpíxeles (Clear Pixel), cámara frontal de 2 Mpíxeles (capaz de gravar vídeo a 1.080p), batería de 2.200 mAh, un grosor de entre 5,6 e 10,4 milímetros e un peso de 130 gramos, o que o converte nun dispositivo de gama media-alta, que busca destacar polo seu mencionado nivel de personalización e por outras funcionalidades como o control sen contacto (permite consultar a meteoroloxía, facer chamadas ou realizar buscas con só preguntarlle ao móbil dicindo “OK Google Now”) e pode realizar capturas rápidas (con xirar o pulso un par de veces mentres suxeitamos o dispositivos poderemos activar a súa cámara).
O Moto X comezará a distribuírse dende este mesmo mes e primeiros do que vén en EE.UU., Canadá e América latina, mentres que do mercado europeo aínda non se sabe nada, sendo posible que Motorola estree un modelo específico para o noso territorio, algo que é bastante habitual na compañía (lembremos que mentres aquí se vendían os Motorola RAZR, en EE.UU. comercializaban os Motorola DROID). Do que si existen informacións é de que está en preparación unha Google Edition do móbil, que venderíase libre, pero aínda non ten data de lanzamento fixada.

O Moto X incluso poderá adquirise cun acabado en madeira


O Moto X poderá personalizarse vía web


Entre as características destacables do Moto X está o poder controlarse sen contacto

PUBLICIDADE