O Motorola DROID será o primeiro móbil con Android 2.0
xoves, 29 de outubro do 2009
Co anuncio da versión de
proba de Google Maps Navigation falábase de que o sistema de navegación GPS
de Google funcionarÃa no novo sistema operativo Android 2.0, citando que o
terminal que o estrearÃa serÃa o Motorola
DROID, que aÃnda non está no mercado, e a súa compañÃa vén de asegurar que
chegará ao mercado norteamericano o
vindeiro 6 de novembro a través da operadora Verizon Wireless e por un prezo de
199,99 dólares cun compromiso de permanencia de dous anos, mentres que o
lanzamento europeo do terminal aÃnda non está confirmado.
O dispositivo non só será o primeiro en incorporar a nova versión de Google
Android, senón que tamén estamos ante un hardware realmente completo, cunha
pantalla táctil capacitiva de 3,7 polgadas cunha resolución de 854 x 480
pÃxeles, cámara de 5 MpÃxeles con enfoque automático, estabilizador de imaxe e
flash LED dual (capaz de gravar vÃdeo con calidade DVD e cun doado sistema de carga
a YouTube), aGPS e sGPS, acelerómetro,
compás, Wi-Fi, USb 2.0, Bluetooth 2.1, conexión para auriculares estándar,
lector de tarxetas de memoria microSD de ata 32 Gb (inclúe de serie unha de 16
Gb), teclado QWERTY deslizante, baterÃa de 1.400 mAh (cunha autonomÃa de 385
minutos en conversa e 270 horas en espera), unhas dimensións de 115,80 x 60 x
13,70 milÃmetros e un peso de 169 gramos.
Este
interesante móbil facilita a interacción con Facebook, conta cun navegador
web baseado en Webkit HTML5 compatible con Flash 10, permite as buscas mediante
voz e reproduce vÃdeo en MPEG-4, H.263 e H.264 asà coma audio en AMR-NB/WB,
MP3, WAV, AAC, AAC+, eAAC+ e WMA.