O Motorola RAZR i chegará a Europa con procesador Intel Atom a 2 GHz
martes, 18 de setembro do 2012
Motorola
e Intel presentaron
hoxe en Londres o novo Motorola RAZR i, un smartphone que destaca por funcionar cun procesador Intel Atom a 2
GHz e por contar cunha pantalla Super AMOLED de 4,3 polgadas case sen bordes (edge-to-edge) de xeito que consegue ter
máis pantalla en menos móbil. Tamén conta cunha cámara de 8 MpÃxeles cun botón
de disparo dedicado, a posibilidade de disparar ata 10 fotografÃas por segundo
e tamén con prestacións como o HDR (para conseguir boas imaxes en condicións de
luz problemáticas).
Este novo smartphone chega con
Android 4.0 (actualizable a Android 4.1), marco de aluminio, resistente pantalla
con Corning Gorilla Glass, parte traseira de KEVLAR, protección contra
salpicaduras, e incluso con conectividade NFC. O seu grosor, como marca da casa é de só 8,3 milÃmetros.
Este terminal chegará en outubro a Reino Unido, Francia, Alemaña, Arxentina,
Brasil e México, descoñecéndose se vai ser comercializado en España.
VÃdeo promocional do Motorola RAZR i