O Museo Centro Gaiás estrea aplicación para dispositivos móbiles
xoves, 31 de xullo do 2014
Esta semana presentouse
unha nova aplicación móbil coa que se pretende facilitar e enriquecer a visita
do público ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Con esta aplicación
móbil desenvolvida coa
tecnoloxÃa ASPIE da empresa galega Kappowsky búscase proporcionar unha
experiencia novidosa aos visitantes a través dos seu teléfonos móbiles ou
tablets, xa que esta ferramenta pode descargarse
de balde a través de Google Play ou da
App Store, para Android e iOS respectivamente.
Durante a presentación da aplicación, o conselleiro de
Cultura Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo
acompañado por un dos responsables da aplicación, Santiago Berdullas Silva, co fundador
de Kappowsky, firma formada por dous emprendedores galegos e que foi finalista
con mención especial do xurado no ano 2012 dun dos premios nacionais máis
prestixiosos para emprendedores: o Premio Universia. Santiago Berdullas foi o
encargado de amosar o funcionamento e as caracterÃsticas desta app, fortemente
intuitiva, fácil de manexar e apta para todos os públicos.
Contido adicional
Grazas a esta tecnoloxÃa, os visitantes do Museo Centro Gaiás poderán explorar
de forma autónoma e só coa axuda dos seus dispositivos móbiles, o interior do
edificio e das obras da exposición do momento. Grazas ao seu motor de
xeolocalización, a aplicación móbil determina en que punto está o visitante
dentro do edificio, permitÃndolle descubrir as diferentes salas ao tempo que recibe
información sobre as obras de arte ou os puntos de interese próximos a elas.
A través desta aplicación, o visitante pode consultar
contido adicional das obras máis importantes en forma de audio, vÃdeo, imaxes
ou vÃnculos a outras páxinas, enriquecendo a súa visita. O usuario atopará,
ademais, información práctica que lle axude no seu percorrido como a ruta que
debe seguir para chegar aos aseos, ascensores, á tenda ou á saÃda de emerxencia
máis próxima.
Visitas individualizadas e adaptadas
Máis alá do percorrido recomendado, a aplicación presentada hoxe permÃtelle a
cada usuario deseñar a súa propia ruta grazas ao sistema de xeolocalización,
que posiciona ao visitante no interior do edificio sen necesidade de sinal GPS,
facilitándolle en todo momento a información que precise.
Esta entrada do Museo Centro Gaiás no mundo da tecnoloxÃa
móbil implica unha mellora nas visitas das persoas con discapacidade, ao
permitir por exemplo as persoas xordas acceder aos contidos extra propios das
visitas con guÃa. Son moitas as opcións que se abren tamén no eido das visitas
didácticas, ao facer posible a definición de rutas especÃficas en función dos
contidos para cada nivel ou eido educativo.
Unha nova experiencia en cada visita
A app do Museo Centro Gaiás non é unha tecnoloxÃa pechada. O sistema desenvolvido por Kappowsky permite a súa personalización futura, de forma que se reinvente con cada exposición, posibilitando que o visitante goce dunha nova experiencia cada vez que se achegue ao Museo.
- A nova aplicación móbil está adaptada tanto a smartphones como a tablets