O Nokia Lumia 620 pode protexerse da auga e o po cunha nova funda

martes, 12 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Finalmente Nokia anunciou a nova funda de protección para o seu Lumia 620 (modelo CC-3061), que pode colocarse en substitución da cuberta traseira do móbil, sen afear a súa estética, e dotándoo de protección contra a auga e o po, cumprindo a certificación IP54.
Este accesorio é unha boa opción para usuarios que queiran dotar dunha protección adicionais ao seu móbil, sen ter así que optar por outro modelo que inclúa tal prestación de serie (e que normalmente teñen prezos bastante superiores).
A funda, pese a ter o espazo destinado á cámara traseira do móbil e á pantalla á vista, ten un selado mellorado que impide a entrada da auga e o po. O seu exterior (feito de TPSiV) é máis suave, o que tamén achega un mellor agarre, e a súa adquisición parece máis que recomendable se tempo en conta que o seu prezo de venda recomendado é de só 25 euros.

PUBLICIDADE