O Nokia N8 estreará Symbian^3

martes, 27 de abril do 2010 Marcus Fernández

O sistema operativo móbil Symbian^3 quere chegar pola porta grande, de aí que Nokia optase por integralo no seu novo terminal Nokia N8, que é un móbil con pantalla capacitiva OLED de 3,5 polgadas cunha resolución de 360 x 640 píxeles, cámara de 12 Mpíxeles con óptica Carl Zeiss e flash de xenon (capaz de gravar vídeo a 720p a 25 fps), 16 Gb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas microSD), GPS (con navegación de balde a través de Ovi Maps), Bluetooth, Wi-Fi N, radio FM e mesmo saída de vídeo por HDMI, que chegará ao mercado no terceiro trimestre do ano a un prezo libre de 370 euros.
O Nokia N8 tamén integra as redes sociais de Twitter e Facebook, conta con compatibilidade con Flash Lite 4.0, o seu sistema operativo é multi-tarefa e destaca especialmente por facer uso da tecnoloxía multi-táctil na súa pantalla. Este novo terminal mide 113,5 x 59 x 12,9 milímetros e pesa 135 gramos, e para adiantar as súas posibilidades Nokia publicou o seguinte vídeo:

PUBLICIDADE