O Nokia N97 preséntase coma o móbil máis completo do mundo
martes, 2 de decembro do 2008
Mentres o Nokia 5800
XpressMusic chega a España da man de Movistar, Nokia anuncia o seu novo móbil
insignia, que inclúe as innovacións do terminal anterior (a 5ª edición do sistema
operativo S60), pero nun equipo de alta gama.
O Nokia
N97 combina unha pantalla táctil de 3,5 polgadas cunha resolución de
640 x 360 pÃxeles cun teclado QWERTY, compatible cos servizos Ovi e achegando a
potencia da que carece o 5800 XpressMusic.
O novo terminal integra
A-GPS e compás electrónico e pode conectarse á Rede por HSDPA ou Wi-Fi para
relacionarnos coa web social (o que dende Nokia chaman So-Lo ou localización social),
ver imaxes, vÃdeos e mesmo contidos en Flash. Tamén inclúe unha cámara Carl
Zeiss de 5 MpÃxeles con capacidade de gravación de vÃdeo con calidade de DVD, e para a reprodución multimedia non só conta
con conectividade Bluetooth e conector estándar de 3,5 milÃmetros para
auriculares, senón que conta cunha
capacidade de memoria interna de 32 Gb ampliable con tarxetas microSD de ata 16
Gb, converténdose no móbil con maior capacidade de almacenamento do mercado.
En autonomÃa tampouco queda curto (400 horas en espera e 320 minutos en conversa), sendo capaz de reproducir música
continuamente durante un dÃa e medio, aÃnda que o bo se paga, e o seu prezo de
venda libre será de 550 euros + IVE, comezando a comercializarse no primeiro
semestre de 2009.
Impresionante vÃdeo amosando a interface de uso do Nokia N97