O Nubia N1 terá unha autonomÃa de até 3 dÃas
luns, 4 de xullo do 2016
Este
mes a marca premium de ZTE vai
introducir en China un novo terminal que vai ser moi desexado, o Nubia N1, xa que falamos dun smartphone
con pantalla Full HD de 5,5 polgadas que sorprenderÃa pola súa baterÃa de 5.000
mAh, que xunto coa tecnoloxÃa propietaria NeoPower poderÃa chegar a unha
autonomÃa de até 3 dÃas segundo o seu fabricante.
O Nubia N1 está na liña de boa parte dos smartphones chineses de gama media que
chegaron ao mercado nos últimos meses, cun corpo metálico en cor dourada ou
prateada, procesador Mediatek Helo P10 de oito núcleos, 3 GB de RAM, 64 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB), cámara
traseira de 13 MpÃxeles con estabilización óptica de imaxe, cámara frontal de
13 MpÃxeles, dobre SIM, lector de pegadas dixitais e sistema operativo Android
6.0 coa capa de personalización Nubia UI 4.0.
Estamos ante un dispositivo cunhas boas prestacións, un acabado elegante e unha
magnÃfica autonomÃa, que busca gañarse ao público co agresivo
prezo de 1.699 iuans (229 euros), aÃnda que polo momento limita a súa
distribución ao mercado chinés.
- O Nubia N1 pode funcionar con dúas tarxetas nanoSIM ou unha tarxeta nanoSIM e outra microSD (de até 128 GB)