O OnePlus 2 aspira a converterse no smartphone de referencia a un prezo asumible
martes, 28 de xullo do 2015
Coa intención de converterse no Flagship Killer de 2016, ou sexa, o teléfono polo que opten os
consumidores como alternativa aos smartphones de alta gama dos principais
fabricantes, a pasada noite presentaron o OnePlus
2, unha evolución continuista do OnePlus One, que volve apostar polo mesmo
formato, elevando as súas especificacións e mantendo un prezo altamente
competitivo.
Estamos ante un smartphone 4G con pantalla Full HD de 5,5 polgadas, procesador
Qualcomm Snapdragon 810 de 8 núcleos a 1,8 GHz con gráfica Adreno 430, 3/4 GB
de RAM, 16/64 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 13 MpÃxeles (con
6 lentes, flash LED dual, enfoque automático láser, gravación de vÃdeo en 4K e
cámara lenta a 120 cadros por segundo e 720p), cámara frontal de 5 MpÃxeles, Wi-Fi
AC, Bluetooth 4.1, dobre micrófono (para a cancelación de ruÃdo), sensor de
pegadas dixitais, espazo para dúas tarxetas nano SIM, baterÃa de 3.300 mAh que
pode cargarse por un porto USB-C, un grosor de 9,85 milÃmetros e un peso de 175
gramos.
O OnePlus 2 non só terÃa unhas prestacións de alta gama, senón que tamén coidarÃa o seu deseño con unha parte
frontal libre de logotipos, un marco de aliaxe de aluminio e magnesio e
carcasas traseira intercambiable. A nivel de software opta por OxygenOS, unha versión de Android
con funcións como control por xestos e botóns personalizados, que fuxe da
sobrecarga de aplicacións como fan outros fabricantes.
Para facerse con este terminal volve a ser preciso contar cunha invitación,
estando actualmente máis de 400.000 persoas na listaxe de reserva, polo que é
de esperar que sexa difÃcil de conseguir nos primeiros meses tras o seu
lanzamento o vindeiro 11 de agosto a un prezo de 339 euros para o modelo con 3 GB
de RAM e 16 GB de almacenamento interno e de 399 euros con 4 GB de RAM e 64 GB
de almacenamento, o que serÃa aproximadamente
a metade do que custarÃa un smartphone de semellantes prestacións cun
fabricante de primeira liña.
VÃdeo promocional do OnePlus 2