O OnePlus 5 opta pola dobre cámara traseira

martes, 20 de xuño do 2017 Marcus Fernández

O fabricante OnePlus conseguiu converterse nos últimos anos nun dos grandes referentes no que se refire a grandes móbiles con Android, de xeito que os seus produtos son case os únicos do mercado considerados como de alta gama (pese a que o seu prezo sexa asustado) capaces de competir con grandes fabricantes como Samsung, LG ou Sony. Por iso non resultaba evidente o interese polo novo OnePlus 5, smartphone polo que había unha grande expectación, e que por fin é oficial.
Estamos ante o novo móbil insignia de OnePlus, que a primeira vista parece deixar claro que quere competir con Apple, xa que optou por integrar unha dobre cámara traseira para disparar fotografías nun modo retrato con enfoque selectivo, aínda que esta dobre cámara de 16 e 20 Mpíxeles (con aperturas de f/1.7 e f/2.6 respectivamente) tamén destacan polo seu modo profesional (que permite disparar en RAW e realizar numerosos axustes no disparo de instantáneas) mentres que a súa cámara frontal tampouco queda atrás, xa que contaría cun xeneroso sensor de 16 Mpíxeles con apertura f/2.0.
Aínda que podemos ver o OnePlus 5 como unha simple actualización do OnePlus 3T, estamos ante un produto bastante interesante, cun grosor de só 7,25 milímetros que pese a ser o terminal móbil máis delgado do fabricante conseguiu incrementar un 20% a autonomía fronte ao OnePlus 3T. A nivel de memoria tamén integra bos elementos, de xeito que pode presumir de até 8 GB de RAM LPDDR4X e até 128 GB de almacenamento (con tecnoloxía de dobre pista para un mellor rendemento). Tampouco queda atrás en conectividade, deixando claro que en un produto destinado ao mercado global, xa que inclúe un amplo número de bandas 4G, de xeito que permite, con algún operador, gozar de descargas en mobilidade de até 600 Mbps (con subida a 150 Mbps), integra NFC (polo que está aberto a pagamentos dende o móbil, algo pouco frecuente nos móbiles chineses) e incluso goza de Bluetooth 5.0, deixando claro que estamos ante un auténtico móbil insignia.
Se afondamos nas especificacións, falamos dun teléfono con pantalla Optic AMOLED de 5,5 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 835 con gráfica Adreno 540, 6/8 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento, batería de 3.300 mAh con Dash Charge (4 A), USB-C, unhas medidas de 152,7 x 74,7 x 7,25 milímetros e 153 gramos de peso. O seu sistema operativo é OxygenOS (baseado en Android Nougat) e sae á venda a un prezo que parte dos 499 euros, o que está bastante ben para as súas especificacións, pero supón un importante incremento de prezo fronte a xeracións anteriores (o OnePlus 3 saíu á venda hai un ano por 399 euros).

PUBLICIDADE