O OnePlus 6T agocha o seu lector de pegadas dixitais na pantalla

luns, 29 de outubro do 2018 Marcus Fernández

O fabricante chinés OnePlus non quere quedar atrás, e renova o seu produto estrela, de xeito que xa temos o OnePlus 6T, smartphone a partires do 6 de novembro poderase conseguir por a partires de 549 euros para o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, que custará 579 euros no caso de querer equipalo con 8 GB de RAM e 629 euros de queremos chegar tamén até os 256 GB de almacenamento interno.
O cambio máis destacable desta revisión do OnePlus 6 é que agora o sensor de pegada dixital está situado na propia pantalla, o que non impide que teña unha grande velocidade (recoñece a pegada en só 0,34 segundos). Pero este redeseño tamén ten un cambio un tanto polémico: a eliminación do conector de autoriculares para incluír un adaptador un adaptador de auriculares a USB-C.
O OnePlus T conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, unha pantalla Optic AMOLED de 6,41 polgadas que ocupa o 86% da frontal do terminal, unha cámara traseira dual de 20 + 16 Mpíxeles que agora inclúe tamén un modo nocturno (característica que tamén recibirá o OnePlus 6 a través dunha actualización de software), e tampouco queda curto en autonomía grazas á súa batería de 3.700 mAh con carga rápida (de xeito que pode recargarse a batería en só media hora).
Dende OnePlus confían en que este produto poida ter grande éxito internacional, de aí que nos EE.UU. vaia comercializarse a través do operador T-Mobile (a primeira vez que o fabricante fai algo semellante, xa que normalmente vende os seus produtos directamente).
Na presentación deste terminal, o director xeral de OnePlus, Pete Lau, asegurou que están a traballar para lanzar un smartphone con 5G en Europa a primeiros do ano que vén, para o que xa están a colaborar con Qualcomm, que é a compañía que irá da man de OnePlus para achegar tal innovación ao mercado.

PUBLICIDADE