O OnePlus 8T pode cargar a súa baterÃa en 39 minutos
mércores, 14 de outubro do 2020
Dende OnePlus veñen de renovar o seu catálogo incorporando
un novo smartphone e uns auriculares sen fÃos que apostan unha vez máis por
unha grande relación calidade prezo. No caso do OnePlus 8T temos un teléfono 5G que
funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 865, 8/12 G de RAM LPDDR4X, 128/256
GB de almacenamento interno UFS 3.1, pantalla Full HD+ de 6,55 polgadas Fluid
AMOLED de 120 Hz, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 48
MpÃxeles, cámara frontal de 16 MpÃxeles nunha perforación en pantalla, Wi-Fi
AC, Bluetooth 5.1, NFC, lector de impresións dixitais en pantalla e, como
caracterÃstica máis salientable, unha baterÃa de 4.500 mAh con Warp Charge 65,
de xeito que pode cargarse completamente en só 39 minutos, presumindo de conseguir
baterÃa para todo un dÃa en só 15 minutos de carga.
Este auténtico móbil insignia de OnePlus ten un prezo de 599 euros con 8 GB de
RAM e 128 GB de almacenamento, mentres que o modelo con 12 GB de RAM e 256 GB
de almacenamento custa 699 euros, converténdose nun móbil que combina bastante
ben as últimas tendencias de mercado (pantalla de alto refresco, 5G e carga rápida)
cun prezo contido dentro do que é habitual na alta gama de primeiros
fabricantes.
Auriculares sen fÃos económicos
Moito máis asumibles son os auriculares OnePlus Buds Z, que presumen
de baixos potenciados, autonomÃa para até 20 horas de uso (podendo conseguir 3
horas de autonomÃa con só 10 minutos de carga), resistencia á auga e á suor (con
certificación IP55) e unha conexión sinxela (conta con tecnoloxÃa de
emparellamento rápido) cun prezo de 59 euros, o que fai que esteamos ante un
produto moi atractivo.
Estes auriculares con Bluetooth 5.0 pesan só 4,35 gramos cada auricular (con
até 5 horas de autonomÃa para a reprodución de música), contrólanse mediante
sinxelos toques e tamén permiten invocar ao asistente de Google cun par de
toques.
- Os auriculares OnePlus Buds Z teñen un prezo de 59 euros