O Oppo Find 7 presume de poder disparar fotografÃas de 50 MpÃxeles
mércores, 19 de marzo do 2014
Hai poucas horas o fabricante chinés Oppo presentou
oficialmente o seu atractivo smartphone Oppo Find 7, que continúa a súa liña
de teléfonos de coidado deseño e fabricación combinados con grandes prestacións
técnicas, que sairá inicialmente á venda por 3.498 iuans (405,49 euros).
Estamos ante un impresionante terminal cunha pantalla de 5,5 polgadas cunha
resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles (o que supón unha densidade de 538 puntos
por polgada, superando por moito os 326 puntos por polgada do iPhone 5S), procesador
Qualcomm Snapdragon 810 MSM8974AC a 2,5 GHz (empregado tamén polo Samsung
GALAXY S5) con gráfica Adreno 330, 3 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno
ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 128 Gb, NFC, tecnoloxÃa MaxxAudio, baterÃa de 3.000 mAH e
sistema operativo ColorOS baseado en Android 4.3. O seu grosor é de 9,2
milÃmetros e o seu peso de 173 gramos, pero o detalle que máis está a chamar a
atención deste móbil é a súa cámara pois, aÃnda que estea dotado cun xa
coñecido sensor Sony Exmor IMX214 de 13 MpÃxeles, conta cun modo de disparo de
50 MpÃxeles (que tamén facilita a realización de super zoom na liña do que permite o Nokia Lumia 1020) e incluso
permite gravar vÃdeo a 4K, mentres que a 720p permite rexistrar ata 120
fotogramas por segundo (para realizar efectos de cámara lenta).
- O Oppo Find 7 é capaz de gravar vÃdeo a ultra alta definición
Con este dispositivo Oppo non rivalizarÃa cos tÃpicos terminais insignia
doutras compañÃas, senón que estarÃa na categorÃa dos tabletófonos como o
Samsung GALAXY Note 3, ao que o smartphone chinés é capaz de superar en
numerosos aspectos, quedando como principal vantaxe do produto surcoreano no
uso do S-Pen (e algunha funcionalidade de software integrada por Samsung como a
multi-fiestra).
Polo momento o Oppo Find 7 só está dispoñible en China, pero é de agardar que
en poucas semanas chegue á tenda
europea da compañÃa. Cómpre destacar que xa estamos ante un smartphone con
conectividade 4G, algo aÃnda pouco habitual en terminais chineses, pero que é
de agardar que se converta nunha prestación estándar nos vindeiros meses.