O Oppo Find X será o primeiro smartphone con 10 GB de RAM

venres, 28 de setembro do 2018 Marcus Fernández

O Oppo Find X é un dos móbiles máis revolucionarios deste ano, polo seu deseño que ao optar por unha parte superior retráctil na que se agochan as cámaras, consegue que a pantalla ocupe o 93,8% do seu frontal, pero non se conforman en que este móbil sexa todo un referente en deseño, senón que, se atendemos aos datos da entidade reguladora chinesa TENAA, sería o primeiro smartphone do mercado en ter un modelo con 10 GB de memoria RAM (e 256 GB de almacenamento interno).
Aínda que tal cantidade de memoria semella excesiva, sen dúbida será un bo reclamo para os que adquiren os seus dispositivos tendo moi en conta as súas especificacións. Aínda que a cantidade de 10 GB non resulte moi natural, destacará por ser a primeira vez que un smartphone ten unha capacidade de memoria volátil de 2 díxitos.

PUBLICIDADE