O Palm Pixi funcionará con WebOS
mércores, 9 de setembro do 2009
Tras a boa
acollida do Palm Pre e o seu sistema operativo WebOS, Palm presentou nos EE.UU.
o que vai ser o seu Palm
Pixi, un novo terminal táctil co mesmo sistema operativo móbil e
teclado QWERTY que conta con 8 Gb de memoria interna, unha pantalla capacitiva
de 2,63 polgadas cunha resolución de 320 x 400 pÃxeles, carcasas
intercambiables, compatibilidade con sistema de carga sen fÃos
TouchStone, conector para auriculares estéreo, baterÃa extraÃble de 1.150 mAh, GPS,
acelerómetro, unhas dimensións de 55 x 111 x 10,85 milÃmetros, un peso de 99,5
gramos e unha importante eiva: carece
de Wi-Fi.
Polo momento descoñécese a data de lanzamento en Europa (suponse que antes da
campaña de Nadal) e o seu prezo (que deberÃa ser semellante ao do Palm Pre).
- O Palm Pixi contará con carcasas intercambiables deseñadas por artistas que presentan unha aparencia realmente agradable